As Doulas Sororas de Allariz protagonizaron, o pasado xoves no Fogar dos Maiores  a inauguración das XV Xornadas de Igualdade. Un grupo de 40 mulleres, participantes no programa de voluntariado municipal, promovida pola área de Igualdade, presentaron a curta “As doulas existen, só hai que crer nelas”. Neste vídeo https://www.youtube.com/watch?v=8_OA3cqubzI&fbclid=IwAR0t4u74EIzk8ChQQe-8VMYajmy8Juf8ybKqlFg6E0y5lmvliY4_5xJYQuk as doulas falan do seu traballo para a erradicación da violencia de xénero pero, sobre todo, de acompañamento na busca da igualdade e a boa convivencia.

Pola noite, pechou a xornada de inauguración o grupo ourensán Mad Mission cun concerto pola diversidade no Arnoia Costas.

A programación continúa, tras a folga feminista do pasado venres e seguida por centos de alaricanas e alaricanos, coa reunión da mesa de coordinación contra as violencias. Durante as dúas vindeiras semanas, celebraranse varios obradoiros, cine para a diversidade e, para clausurar, un faladoiro na Tasca do Pepiño.