As distintas áreas do Concello de Allariz están ultimando os preparativos para poñer en marcha as escolas municipais.
A Concellería de Cultura abre o prazo para matricularse tanto na Escola de Música como en Pintura.
A Escola de música: prelinguaxe e iniciación ao piano, linguaxe musical, instrumentos (piano e guitarra), música e movemento, coro, música tradicional (gaita e percusión) e pandeireta.
O prazo para solicitar praza abrese hoxe 11 de setembro e remata o 26. Comezarán no mes de outubro e é preciso inscribirse a través da Casa da Cultura de Allariz, no teléfono 988 440 859 ou no correo cultura@allariz.gal.