As escolas de Pintura e Música ultiman os preparativos para poñer en marcha as actividades no vindeiro curso 2017-2018 que comezarán en outubro. Os máis cativos poderán participar nestas actividades organizadas dende a área de Cultura do Concello de Allariz.

Escola de Música 

Música en movemento e linguaxe musical ademais de iniciación á composición e aprendizaxe en instrumentos como piano ou guitarra, e os máis tradicionais como percusión, gaita, pandeireta e canto e danza galega, son as actividades que imparte a Escola de Música municipal.

Para máis información ou tramitar a inscrición nalgunha destas actividades é preciso consultar na Casa de Cultura (Teléfono 988 44 08 59- email cultura@allariz.com)