Na mañá de hoxe, presentouse en Allariz os menús e tapas que ofrecerán, dende o venres 25 de setembro ata o luns 12 de outubro, 23 os establecementos hostaleiros que participan na novena edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz.

A hostalería alaricana ofertará tapas e menús cuxo ingrediente principal é a exquisita carne de boi de Allariz. A carne será cociñada de moitas maneiras diferentes e os comensais atoparán dende tapas como cornada de boi, empanadillas, sándwich de roast beff entre moitas outras tapas ou menús no que a carne de Boi de Allariz será a raiña da mesa.

Ante necesidade de adaptarse aos protocolos covid-19 e evitar as aglomeracións, o Concello de Allariz xunto coa hostalería decidiron que este ano no se leve acabo o concurso de tapas.

Todas as partes do boi serán protagonistas dos pratos que se ofertarán durante as IX Xornadas de Carne de Boi de Allariz.  Os prezos oscilan dende 2 € a tapa e 70E/kg de chuletón, múltiples prezos para adaptar ao peto das persoas que nestes días se acheguen a hostalería de Allariz.

Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz explicaba que o aproveitamento dos recursos, do patrimonio e do territorio xera un desenvolvemento económico importante en Allariz, grazas a proxectos que poñen en valor estes recursos que temos e o aproveitamento dos mesmos.

Carne de Boi de Allariz é un claro proxecto de economía circular, de produto de proximidade, de posta en valor do rural e de aproveitamento do territorio, que está a venda todos os sábados no Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz.

Briugu Allariz comercializa Carne de Boi de Allariz, ademais de no Mercado, tamén distribúe á hostalería de Allariz. Xosé Romero, xerente da empresa, sinala a gran calidade da carne producida en Allariz. Este ano destináronse para as xornadas, 4 bois, ao redor de 1600kg de carne.

A IX edición de Carne de Boi de Allariz estará marcada pola nova normalidade derivada da COVID-19. Os locais ofertarán, seguindo todos os protocolos sanitarias e tomando todas as medidas pertinentes, menús e tapas deste exquisito manxar. As persoas que desexen degustar a carne poderán reservar con anterioridade a súa mesa,  nos establecementos participantes, e degustar un menú preparado con carne de Boi de Allariz.

Podes consultar todos as tapas e menús aquí  :

Tapas e menús das IX Xornadas de Carne de Boi de Allariz