As obras de rehabilitación da praza do Matadoiro arrancarán en abril para rematar a última semana de maio, antes da Festa do Boi, evitando así períodos de máxima afluencia de visitantes en Allariz.

As obras foron adxudicadas á empresa Ibergranitos SL por un importe de 67.064,26€ máis unha mellora das características dos materiais de pavimentación valoradas en 3.029€.

Este espazo singular será obxecto dunha intervención para  adecuar a súa estética á do resto de rúas do casco histórico. As obras pasan pola eliminación do actual pavimento e a súa substitución por lousa de pedra do país,  así como tamén serán eliminados os contedores actuais. Con elo daráselle á Praza un carácter peonil e conséguese mellorar a ordenación do espazo existente para dedicalo a eventos promocionais e feiras.