O complexo de Vilanova ampliará as súas instalacións na próxima campaña de verán, duplicando a lámina de auga nas piscinas exteriores e creando un segundo campo de volei praia.

Co obxectivo de mellorar a  oferta deportiva e de lecer desta instalación que utilizan, cada verán,  veciños e veciñas ademais de visitantes, reformarase tanto o vaso de adultos como de crianzas. Segundo explicaba a alcaldesa Cristina Cid, “duplicarase a lámina de auga actual pasando de 98 a 180 metros cadrados”

A inversión de 100.000€ será sufragada con fondos propios do concello máis a deputación de Ourense a través do plan provincial.