A área de maiores do Concello de Allariz está a ultimar os detalles para a celebración dunha nova edición das Xornadas de Maiores que terán lugar do 1 ao 6 de outubro.

O comezo das xornadas terá lugar o vindeiro luns, 1 de outubro, coa Andaina saudable pola zona de Valverde e O Rexo. Un obradoiro de danza e outro de mindfullness, excursión á Coruña e a actuación dos grupos de danzas Xeitosiña  e as Anselmas son as actividades que completan estas xornadas.

Para asistir ás actividades é preciso informarse no Fogar dos Maiores (988 554 059 – maiores@allariz.com)