O vindeiro sábado 26 de outubro celébranse en Allariz as IX Xornadas de Romasanta, unha nova edición centrada nos galegos  que percorrían  Castela e León coa seitura.

As xornadas, organizadas pola Fundación Vicente Risco, comezarán a partir das 12:00h na fundación. Presentaranse todos os contos realizados durante as actividades do ano pasado reunidos no libro “Contos do Sacaúntos.Romasanta o vagabundo” na que tamén estarán presentes os autores.  Para seguir presentarase a “Banda Deseñada Romasanta, a lenda do lobisome” realizada polo artista José Rosillo. E pola tarde haberá unha conferencia sobre os segadores galegos e a súa estadía en Castela, impartida por Antonio Castro Voces. Para rematar, proxectarase o documental “Segadores” de Xulio Nogueira Campos e que tamén estará presente.