O Concello de Allariz en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, puxo en marcha unha iniciativa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, que está cofinanciada pola Unión Europea.

Atención a mulleres é o título do programa que o concello allaricense desenvolveu coa finalidade de proporcionar acompañamento ás mulleres que están pasando por situacións de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade. Entre os seus obxectivos destacamos ser un punto de información e referencia para todas as mulleres que necesiten axuda ante situacións que poidan desestabilizar a súa vida.

Destacamos como un dos maiores resultados a satisfacción e aumento de confianza das mulleres participantes polo acompañamento realizado, e que lles permitiu coller impulso para saír das situacións nas que se atopaban.

Todo o traballo e acompañamento estivo dirixido e supervisado por unha técnica de igualdade, para unha intervención axeitada.

As actuacións leváronse a cabo nas dependencias de Servizos Sociais,dende a área de Educación e Igualdade, todos os días da semana de outubro do 2022 a setembro do 2023, en horario de mañá, das 10:00 ás 13:45h.

Para máis información: 988 554 059 ou no correo igualdade@allariz.gal