O Concello de Allariz en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, puxo en marcha unha iniciativa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, cofinanciada pola Unión Europea.
Atención a mulleres é o título do programa que o Concello allaricense desenvolveu coa finalidade de proporcionar acompañamento ás mulleres que están pasando por situacións de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade.
Entre os seus obxectivos destacamos ser un punto de información e referencia para as mulleres do municipio, que poidan necesitar axuda ante situacións desestabilizadoras na súa vida.
Destacamos como un dos mellores resultados a satisfacción e aumento da confianza das mulleres participantes, polo apoio e acompañamento realizado, que lles permitiu coller forzas e impulso para saír da situación na que se atopaban.
Todo o traballo e acompañamento estivo dirixido e supervisado por unha técnica de igualdade, para unha intervención axeitada.
As actuacións leváronse a cabo nas dependencias de Servizos Sociais,dende a área de Educación e Igualdade, todos os días da semana de outubro do 2023 ata setembro do 2024, en horario de mañá, das 9:30 ás 14:00h.
Para máis información: 988 554 059 ou no correo igualdade@allariz.gal