O Concello de Allariz, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, puxo en marcha unha iniciativa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero.

Atención a mulleres é o título do programa que o concello alaricano desenvolveu coa finalidade de proporcionar apoio ás mulleres que están pasando por situacións de violencia de xénero ou que se atopan noutras situacións de vulnerabilidade. Todo o traballo estivo dirixido e supervisado por unha profesional especializada en Educación, Xénero e Igualdade, para realizar un acompañamento axeitado.

As actuacións leváronse a cabo nas dependencias do Fogar dos Maiores, na área de Educación e Igualdade, todos os días da semana de novembro do 2021 a setembro do 2022, en horario de mañá, das 09:00 ás 14:00h.

Para máis información: 988 554 059.