Autorízanse os permisos e comunicacións previas para queimar restos forestais e agrícolas en terreo rústico a partir do luns 11 de maio. É importante ter en conta que non serven as comunicacións e autorizacións que quedaron suspendidas polo Estado de Alarma, senón que haberá que volver facer a solicitude (no caso de restos forestais) ou a comunicación (se se trata de restos agrícolas). Desde o luns que vén as comunicacións deben facerse a través do 012, non dirixíndose ao Concello. Cómpre mencionar, ademais, que desde onte volve ser obrigatorio ter á man unha declaración responsable para os desprazamentos ás hortas e cultivos non profesionais -tamén se nos movemos para queimar- , tal e como se recolle nunha orde publicada pola Consellaría do Medio Rural. Nesa declaración, que deberemos levar con nós por se nos paran, debe figurar as referencias catastrais das leiras e o tipo de cultivo que hai nelas.