Ante a prolongada falta de choivas e a posibilidade de que esta situación se prolongue nos meses vindeiros , o Concello de Allariz quere trasladar ós seus cidadáns e visitantes a  necesidade de facer un consumo responsable da agua.

Ata o momento as presas existentes no río Arnoia e as renovadas instalación de bombeo  e almacenamento teñen permitido afrontar a difícil situación que padece o noso País e especialmente a provincia de Ourense.

Con todo é preciso que todos nos concienciemos e  evitemos o uso da auga de boca para  aqueles fins que non sexan imprescindibles.  Non se debe empregar auga da traída para o baldeo ou lavado de vehículos e débese minimizar o uso para regos e piscinas particulares. O propio Concello reducirá os regos das zonas públicas naqueles casos en que a agua proceda da traída.

Agardamos que a situación climatolóxica permitar levantar esta cautelas, pero mentras tanto  é cuestión de todos e todas nós  manter as reservas de auga. Non somentes para ter auga nas nosas billas, senón tamén para conservar o río Arnoia e o  seu extraordinario contorno natural.

Agradecendo a vosa colaboración.

 

Allariz, 23 de agosto de 2017.

                                               Francisco García Suárez

                                                                              Alcalde de Allariz