Estimad@s aboad@s:

Coa necesidade de comenzar coa implantación dos traballos asociados o PERTE do “Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico (MITECO) no que AQUAOURENSE SOCIEDADE PROVINCIAL DE AUGAS E MEDIO AMBIENTE, S.A., resultou beneficiaria da primeira convocatoria de subvencións (2022) en concorrencia competitiva, para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga (PERTE dixitalización do ciclo da auga), no marco do Plan De Recuperación, Transformación e Resiliencia –financiado pola Unión Europea – “NextGeneration EU” co proxecto denominado “Ou – Intelixente: provincia da auga”, cofinanciado pola Deputación Provincial. O Concello de Allariz forma parte dos concellos beneficiarios, polo que:

Aquaourense S.L. vai proceder a substitución dos contadores actuais de auga por un novo contador con capacidade de Telexestión sen coste para o aboado, agás casos que requiran reforma da instalación. O novo sistema de Telexestión permitirá entre outras funcións a lectura a distancia do consumo ou a emisión de alertas por fugas ou consumos elevados.

Debemos recordar a obriga de que os contadores de auga teñan unha idade menor de 12 anos a partires de outubro de 2025, segundo a Orden Ministerial ICT/155/2020; a partir do 2 de maio, un operario da empresa Aquaourense ou unha empresa autorizada pola mesma, procederá a realizar o cambio de contador de maneira de balde para o aboado, se o cambio do mesmo non require reforma da instalación. De non aproveitar esta acción, deberá ser posteriormente o abonado o que afronte integramente o gasto de cambio de contador.

Se o contador se atopa no interior da vivenda (sin acceso externo) deberase facilitar a súa instalación, poderanse poñer en contacto con nós no teléfono 988 44 00 04, para facilitarnos o número de teléfono (se non o ten actualizado coa empresa concesionaria do servizo de abastecemento: Espina y Delfín, S.L.); ou da persoa de contacto que facilite o acceso ó contador e o seu teléfono, para poder executar a renovación do mesmo.

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciban un cordial saúdo.

Atentamente