O Concello de Allariz acolle a primeira das probas de RUMBO, unha iniciativa que combina deporte, natureza e aprendizaxe a través da orientación. A actividade está dirixida a persoas de todas as idades e niveis, desde familias ata deportistas habituais, cun obxectivo común: descubrir Allariz dun xeito diferente, poñendo a proba o sentido da orientación e a capacidade para resolver retos no territorio.
A proba celebrarase o 29 de xuño dende ás 11:00 h e terá lugar no entorno da Alameda e casco histórico da vila, espazos idóneos para esta modalidade que mestura actividade física e contacto coa natureza.
Os participantes deberán atopar unha serie de balizas seguindo un mapa e superando pequenos desafíos, todo cun enfoque lúdico e educativo. Ademáis haberá xogos de orientación para os mais novos.
RUMBO é unha oportunidade perfecta para redescubrir o patrimonio natural e urbano de Allariz dun xeito activo e divertido.
As inscricións son de balde e poden realizarse a través da páxina web RUMBO.GAL.
O calendario de RUMBO para este 2025 consta de cinco sedes: Allariz, Celanova, Viana do Bolo, Pereiro de Aguiar e Expourense.
Todos os participantes que completen tres das cinco probas recibirán a camiseta conmemorativa do evento. Anímate a participar e pon RUMBO a Allariz!