Allariz prepárase para unha nova edición da “Festa da Empanada”, que terá lugar do 16 ao 18 de agosto de 2024. Para este evento, o Concello de Allariz ten preparada unha programación variada e entretida para todos os públicos. Na mañá de hoxe Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz e os concelleiros de Cultura e Deportes, Alberto Conde e Carlos Puga presentaron a programación para esta edición.
Como nos explicaba a Alcaldesa a programación está chea de actividades para todos os públicos e para todas as idades. Música, deportes, concertos e por suposto empanada centrarán as actividades para a edición deste 2024.
Unha actividade marcada no calendario é o Campionato da Billarda celebrado sempre na Festa da Empanada. Debido a gran afluencia de inscritos, e por temas de espazo tívose que adiantar un par de días a súa celebración. Dende a Área de Cultura explicaron que esta edición co Campionato contará con varios grupos: infantís, xuvenís e senior masculina e senior feminina. As previas dos equipos senior comezarán hoxe día 5 e rematarán o 9 de agosto. As competicións infantís e xuvenís serán o 14 de agosto a partir das 11:00h. Os finalistas senior, tanto masculino coma feminino xogarán as finais o 14 de agosto a partir das 19:00h. Todas as competicións realizaranse no Campo da Barreira.
Programación Festa da Empanada:
Venres, 16 de agosto
-
23:00h: Xornadas de Folclore na Barreira. Os grupos que nos visitarán este ano son :Fundación Ballet Folclórico de Nobsa – Colombia, Yuan Yuan Dance Group de Taiwan e Kud Srem de Serbia.
Sábado, 17 de agosto
-
18:00h: Tríatlon Vila de Allariz na Alameda, unha oportunidade para os amantes do deporte.
-
21:00h: Xornada Gastronómica con degustación da empanada de Allariz, nos Xardíns do Museo do Coiro.
-
22:30h: Concerto de Brinkadelia Troupe nos Xardíns do Museo do Coiro.
-
00:00h: Discomóbil Apocalipsis, coa sesión do DJ Castro, tamén nos Xardíns do Museo do Coiro.
Domingo, 18 de agosto
-
11:00h: Pasarrúas coa Banda Unión Musical de Allariz.
-
11:00h: Regata Provincial de Piragüismo no embarcadoiro da Alameda.
-
12:00h: Desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañado polo grupo de gaitas De Pé Feito, dende a Praza de Abastos ata o Campo de Vilanova.
-
13:00h: Concerto no Campo de Vilanova da Banda Unión Musical de Allariz.
-
18:30h: Presentación do equipo C.D. Allariz, que xogará contra o Sporting Celanova C.F.
-
19:30h: Concerto de De Ninghures no Campo de Vilanova.
-
21:00h: Baile Popular co Grupo Tattoo nos Xardíns do Museo do Coiro.
-
00:00h: Verbena amenizada pola mesma orquestra nos Xardíns do Museo do Coiro.
Actividades Deportivas na “Festa da Empanada” de Allariz
Entre as variadas actividades que ofrece a “Festa da Empanada” de Allariz, están dúas probas deportivas que atraerán tanto a participantes como a espectadores: o Tríatlon Vila de Allariz e a Regata Provincial de Piragüismo.
Tríatlon Vila de Allariz
O Tríatlon Vila de Allariz terá lugar o sábado, 17 de agosto, ás 18:00 horas na Alameda. As persoas participantes poderán competir nunha contorna única, rodeada de paisaxes naturais que farán do evento unha experiencia inesquecible.
Máis info en https://www.allariz.gal/xornal/allariz-preparase-para-o-xxxii-triatlon-vila-de-allariz/
Regata Provincial de Piragüismo
O domingo, 18 de agosto, ás 11:00 horas, celebrarase a Regata Provincial de Piragüismo no embarcadoiro da Alameda. Esta competición, que reúne a equipos de diferentes puntos da provincia, é unha oportunidade para demostrar a destreza e a habilidade no manexo das embarcacións.
Información adicional:
O domingo 18, dende as 11:30, celebrarase unha Festa Campestre no Campo de Vilanova, onde se ofrecerán churrasco e polbo durante todo o día. A entrada é gratuíta.
A “Festa da Empanada” de Allariz é unha ocasión especial para gozar da cultura, a gastronomía e a música, e unha oportunidade perfecta para pasar unha fin de semana inesquecible en familia ou con amigos.