Esta fin de semana Allariz celebra unha nova edición do mercado de inverno, organizada pola Asociación de comercio e hostalería en colaboración co Concello de Allariz.

Os días 3 e  4 de marzo o pavillón de deportes do IES acolle a unha ducia de comerciantes que ofrecerán oportunidades en moda, complementos, decoración e artesanía, entre outros. Pero ademais este evento incorporará gastronomía, con produtos para levar e tamén tapas para degustar no recinto, e actividades para nenos cun parque infantil exterior.

Os comerciantes liberan o stock de inverno e os visitantes teñen a oportunidade para gozar de boa música en directo e podan participar no sorteo de dous vales de compra de 100€ e dous bonos para o circuíto spa do Hotel OCA Vila de Allariz. O mercado da oportunidade abrirá de 11:00h a 20:00h ininterrompidamente.