Ponse en marcha, hoxe, unha nova edición da campaña “Días Azuis do comercio galego” que organizan a Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e Abanca,  en colaboración coas federacións provinciais, as asociacións de comerciantes e os centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre os días 1 e 20 de outubro. Poden participar todos os/as clientes/as do comercio de proximidade de Galicia que merquen no comercio local nestes días. Entre todos eles sortearanse 16.200€ en premios. Os premios repartiranse en tarxetas prepago de 300 e 150€ e teñen que ser investidos, de novo, no comercio de proximidade.

PARTICIPACIÓN

Pódese participar de dúas maneiras diferentes:

  • Rexistrando a compra en diasazuis.com
  • Coa colaboración do/a comerciante, a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios onde rexistrará a compra dos/as clientes.

O sorteo dos premios, ante notario, terá lugar o día 24 de outubro e a entrega será, en Santiago de Compostela, a principios de novembro.