A campaña de vacinación da gripe 2020 arrinca hoxe, estendéndose ata o 31 de decembro no Centro de Saúde de Allariz.

É importante, este ano máis que nunca, concertar cita para a vacinación no Centro de Saúde e non acudir directamente sen estar citado.

A vacina demostrouse segura e eficaz para diminuír o número de complicacións desta enfermidade, o cal, este ano, ante a posibilidade de convivencia ca Covid-19, adquire unha maior relevancia se cabe, xa que debemos coidar o sistema sanitario para que teña a capacidade de asumir a atención aos pacientes que presenten calquera destas enfermidades axudando a diminuír o número de pacientes a tratar. Por iso, é moi importante acadar unha alta cobertura, tanto pola protección individual como pola axuda a romper as cadeas de transmisión e protexer os demais.

As persoas que deben vacunarse segundo o Sergas son:

  • Persoas de 60 ou máis anos, realizando especial fincapé a
    partir dos 65 anos.
  • Persoas institucionalizadas de maneira prolongada (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).
  • Persoas de calquera idade (6 meses-60 anos) que teñan maior risco de complicacións derivadas da gripe.
  • Nenos de entre 6 meses e 2 anos de idade que naceran prematuros.
  • Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con algunha patoloxía.
  • Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación e durante o puerperio (ata 6 meses tras o parto) que non se tiveran vacinado no embarazo.
  • Traballadores en servizos públicos esenciais, destacando:
    • Forzas e corpos de seguridade do Estado.
    • Bombeiros.
    • Servizos de protección civil.
    • Persoal que traballa nos servizos de emerxencias sanitarias.
    • Persoal de institucións penitenciarias e doutros centros de internamento xudicial (incluídos centros de acollida de inmigrantes).
  • Persoas con exposición laboral directa a aves domésticas ou a porcos en granxas ou explotacións avícolas ou porcinas e tamén a aves silvestres.

O Centro de Saúde de Allariz adaptará as súas entra

 

das para que as persoas que teñan cita para vacinarse e os pacientes que teñan consulta cos facultativos, non coincidan na mesma porta de entrada. Esta adaptación levarase acabo como medida de precaución para que non se den aglomeracións innecesarias no centro de saúde.

A porta que se utilizará para a vacinación será a porta de entrada normal ao centro, a que ten acceso dende a Rúa Oliveira.

O acceso para as consultas médicas será pola porta de urxencias. Colocarase carteis informativos no exterior do centro para que toda persoa que acuda teña claro por onde ten que a

 

cceder segundo o tramite que teña que facer.

Lembramos que para acudir o centro de saúde e necesario pedir cita previa, ou ben pola páxina do Sergas https://cita.sergas.es/citainternet/configuracion/pacientes/registroPaciente.jsf?windowId=e2c ou no teléfono 988 440 904.

Para máis información ⇓⇓

https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/3293/Instrucion_Gripe_2020.pdf