A concellería de Deportes do Concello de Allariz está a preparar a XXIV edición da Andaina de Allariz, que se celebrará o 18 de xuño.

A Andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998 e dende entón a súa popularidade non parou de medrar, chegando neste ano a súa vixésimo cuarta edición.

Esta actividade é unha iniciativa coa que se pretende potenciar e dinamizar o fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores. A proba terá un importante compoñente medioambiental porque descorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”. As inscricións comezarán o 8 de maio, e poderase realizar tanto na Piscina Municipal como en Redonet, colaborador da actividade nos últimos anos.

Nos vindeiros días darase a coñecer os percorridos así como demais información desta edición de 2023.