O Concello de Allariz está realizando obras na conexión da rede de saneamento dende Roimelo ata a Estación Depuradora de Augas Residuais, na estrada de Celanova. O obxectivo desta intervención pasa por evitar unha depuración deficiente das augas residuais que provoca cheiros no verán.

O orzamento, de 15.000€ sufragados con fondos propios, permitirá a eliminación da fosa séptica de Roimelo e a construción dun kilómetro de novas canalizacións.

O Alcalde Francisco García mostraba a intención municipal de eliminación de fosas sépticas e a conexión coa EDAR na medida das posibilidades de capacidade da depuradora.