O Concello de Allariz ven de asinar, esta tarde, un convenio co Museo Etnográfico Casa do Patrón de Codeseda, en Lalín.
O obxectivo deste acordo radica en establecer e reforzar as liñas de actuación das dúas entidades no eido da conservación, recuperación, posta en valor, promoción e divulgación do seu patrimonio cultural e etnográfico derivado da organización que, dende hai anos, veñen levando a cabo o Concello de Allariz e o Museo Etnográfico Casa do Patrón, das tarefas vencelladas á actividade agraria en torno ao Ciclo do Pan.
O acordo permitirá abrir novas vía de colaboración na busca de novas canles e redes de promoción turística e cultural dos recursos patrimoniais, etnográficos e festivos, fomentando encontros e visitas entres os dous concellos e a organización de actividades que permitan o intercambio de información divulgativa e didáctica, así como a realización de obradoiros, exposicións e eventos relacionados cos usos, costumes e experiencias prácticas ligados á Etnografía ou á cultura popular galega.