A área de Igualdade do Concello de Allariz retoma, durante este mes, as actividades de dinamización rural enmarcadas no proxecto “Mulleres compartindo”. As asociacións veciñais de Queiroas da Igrexa e Vilaboa participarán en actividades relacionadas co coidado persoal e social, o empoderamento, o desenvolvemento cognitivo e a creatividade.

Outro dos obxectivos principais dese proxecto pasa pola relación social entre distintas asociacións polo que a área de igualdade organizará varias visitas; a asociación veciñal de Nanín visitará Outeiro de Orraca e esta visitará O Mato. “Estas visitas fomentan o achegamento entre mulleres e o coñecemento para a participación activa no Concello”, explicaba Ana Pérez, técnica de Igualdade.

 

Vivir na Ziralla

Radio Allariz emitirá todos os martes, de 11.30h a 13.00h, o espazo Vivir na Ziralla, un programa feito por e para os maiores e no que tratan temas de actualidade e interese xeral como a política, a cociña ou a historia de Allariz, entre moitos outros