O alumnado do CEIP Padre Feijóo de Allariz participou nestes pasados días nos roteiros por Allariz enmarcados dentro de iniciativa” Eu son de Allariz” para coñecer a súa historia e os recunchos descoñecidos da poboación.

Os/as nenos/as de primaria ,fixeron nas  súas saídas un roteiro por Allariz e tamén visitaron o Festival Internacional de Xardíns, dedicado este ano a poesía ,onde puideron desfrutar da parcela que comparten co IES de Allariz e na que cada ano desenvolven o seu propio xardín.

O alumnado de infantil, pola súa banda ,realizou un pequeno roteiro para coñecer curiosidades da nosa historia.

As visitas foron realizadas en todo momento por aula, en grupo burbulla ,e os/as nenos/as estiveron acompañados polos profesores/as da aula e dous monitores.

Todo o alumnado recibiu unha camiseta, cos nomes dos núcleos de poboación do Concello de Allariz.

Dende o consistorio agardan que esta actividade poda ter continuidade no tempo e que os/as nenos/as podan saír cada ano a coñecer a súa contorna.

Por parte de CEIP Padre Feijóo, o seu director Javier Martínez, destaca que “este tipo de actividades son fundamentais para o alumnado, xa que axudan a que coñezan e aprecien o seu entorno mais inmediato superando o marco da escola e dos libros. Asemade estas actividades fomentan a curiosidade dos nenos que estiveron moi motivados”.

No marco desta iniciativa, esta semana os nenos do cole recibiran un exemplar por aula do libro “Un dia de festa en Allariz” editado por Aira Editorial, para que poidan traballar na aula ou na biblioteca do centro o aprendido nos roteiros.