A novena  campaña arqueolóxica en Armea, na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), remata este venres deixando novos achadegos no coñecemento histórico da antiga “Cibdá de Armea”. Así o subliñaba Adolfo Fernández, do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) e Vicedecano da facultade de Historia  da Universidade de Vigo que perante este mes agosto  desenvolveu  a escavación   froito  do convenio de colaboración subscrito  entre Universidade  de Vigo e Concello e no que por primeira vez participa a Xunta de Galicia a través da dirección xeral de Patrimonio cun aporte de 30.000 €.

A  intervención  deste ano na denominada Finca da  Atalaia,de propiedade municipal ,centrouse  nos traballos de escavación da domus leste, asomando importantes mostras de estruturas  e estancias,nas que se atoparon  restos tanto pétreos coma de materiais cerámicos,tellas e vidro ademais de  pequenas alfaias  na súa maioría elaboradas en bronce.

A cibdá de Armea  que segundo os  arqueólogos estivo habitada entre os séculos I y II da nosa  era, ten de momento escavadas 3 domus e una vía central  ,dentro desas domus o visitante pode atopar estancias con lareiras, muíños ,zonas dedicadas a produción de utensilios de metal e vidro.

Colaboración entre administracións

A alcaldesa  de Allariz, Cristina Cid e a Decana da Facultade de Historia, Susana Reboreda, visitaron hoxe  as escavacións para por de manifesto a importancia da colaboración entre administracións no desenvolvemento deste  tipo de proxectos. “Intereses académicos e locais pódense acercar grazas a este tipo de convenios” destacaba Reboreda, impresionada pola beleza do xacemento neste momento e polo   traballo levado a cabo este verán polos alumnos da súa facultade  e outros universitarios  que acoden  a convocatoria dende  toda España.

Adolfo Fernández destacaba que Armea se esta a converter no xerme para formar un gran número de arqueólogos que poden medrar profesionalmente neste xacemento e buscar una saída profesional nun ámbito coma o da arqueoloxía onde as veces non e doado atopar estas oportunidades.

Este ano a novidade principal  e a colaboración da  Xunta, a través da dirección Xeral de Patrimonio.Unha achega que se viña pedindo dende hai anos e que este ano aportará 30.000 €.

Mais ala dos datos económicos, a rexedora alaricana  puxo a til na  “gran potencialidade e singularidade do xacemento que é xa un gran recurso patrimonial e turístico para Allariz e da necesidade de que nun futuro e grazas a colaboración entre administracións a campaña puidera ser de algún mes máis o ano e non de 1 coma é na actualidade.