En Nadal, merca no comercio local!  Este é o lema da campaña que o Concello de Allariz xunto co comercio e hostalería desenvolverán, un ano máis, para incentivar as compras locais e premiar ás persoas que merquen en Allariz durante o Nadal.

A iniciativa  “O Peto dos Desexos” sorteará máis de 1000 euros en premios repartidos en vales descontos cortesía de comerciantes e concello de Allariz.

Poderán participar neste sorteo toda persoa, maior de idade, que realice unha compra ou varias por valor mínimo de 30€ nun establecemento comercial ou hostaleiro de Allariz durante os días 10 de decembro de 2019 ata o 6 de xaneiro de 2020 (ambos incluídos).. O sorteo público  terá lugar o luns 8  de xaneiro ás 11:30h diante do Peto dos Desexos (no Alto do Portelo).

Bases do sorteo www.allariz.gal/nadal