Convocado concurso de vídeos en Reservas da Biosfera: VIDEOSFERA 2018

Dende a Rede Española de Reservas da Biosfera propoñen a realización dun vídeo curto no que se exprese o que pode ofrecer un produto marca Reserva da Biosfera fronte a outros producidos fóra das reservas e que mostre o futuro desexado para estes produtos e aos produtores das reservas.

O concurso está aberto a todos os habitantes das reservas da biosfera do estado e as súas zonas de influencia. A participación pode ser individual ou en grupo, e as categorías do concurso son: mellor vídeo, mellor valoración pública e vídeo xoven (De 10 a 16 anos) O prazo para presentar os vídeos e a solicitude de participación ábrese o 15 de decembro de 2018 e finaliza o 1 de maio de 2019. Para máis información: http://rerb.oapn.es/noticias-publicas

2018-11-29T13:05:08+00:00jueves, 29/11/2018|ACTUAIS, MEDIO AMBIENTE, NOVAS ALLARIZ|
X