Por Resolución da Alcaldía de data 02/07/2019, convócanse eleccións para o cargo de Xuiz de Paz titular, conforme dispón o artigo 101.2 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
As persoas interesadas presentarán nas Oficinas do Concello de Allariz, dentro do prazo de QUINCE DÍAS NATURAIS a contar dende o seguinte ao da publicación doanuncio no Boletín Oficial da Provincia, a correspondente solicitude acompañada dunha declaración xurada de reunir os requisitos legais para acceder ao nomeamento e de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou de incompatibilidade para exercer o cargo xunto cunha fotocopia do DNI.
Os modelos de solicitude e declaración xurada están a disposición das persoas interesadas na Secretaría do Concello.