Hoxe, xoves 18 de decembro, ás 19:00 h o Salón de sesións da Casa do Concello de Allariz acollerá, en sesión extraordinaria, o Pleno da corporación municipal.
A sesión plenaria poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube de RTV Allariz: https://www.youtube.com/@RTVALLARIZ

ORDE DO DÍA
PRIMEIRO.- Toma de posesión do concelleiro do Partido Popular, don Miguel Ángel Rodríguez Rodríguez.
SEGUNDO.- Ordenanza municipal reguladora da prestación do servizo municipal de recollida, transporte e eliminación de residuos: Aprobación inicial, se procede.
TERCEIRO.- Convenio de cooperación horizontal entre o Concello de Allariz e o Concello de Taboadela: Aprobación, se procede.
CUARTO.- Cesión do contrato da concesión administrativa da “Pousada Torre Lombarda”: Aprobación, se procede.
QUINTO.- Orzamento da anualidade 2026 do Concello de Allariz e de Reatur, S.A.: Aprobación inicial, se procede.
SEXTO.- Dar conta do escrito do Partido Popular relativo á designación dos integrantes das comisións informativas e do portavoz do grupo municipal.