A Alcaldía informa que se celebrará unha sesión de pleno ordinario o venres 26 de setembro de 2025 ás 13:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
A orde do día incluirá os seguintes puntos:
- Borrador da acta do Pleno de 3 de xullo de 2025.
- Trámite: Aprobación, se procede.
- Ratificación do decreto sobre días festivos locais para o ano 2026.
- Trámite: Aprobación, se procede.
- Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor en materia de pilas e acumuladores.
- Trámite: Aprobación, se procede.
- Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (SRAP) de residuos de envases domésticos de vidro dun só uso.
- Trámite: Aprobación, se procede.
- Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (SRAP) de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (AEE).
- Trámite: Aprobación, se procede.
- Conta xeral 2024.
- Trámite: Aprobación definitiva, se procede.
- Reatur, S.A.
- Constituído o Pleno en Xunta Xeral da empresa municipal Reatur S.A.
- Trámite: Aprobación da conta anual do exercicio 2024, se procede.
- Dar conta dos decretos 205 a 305.
- Rogos e preguntas.