A Alcaldía informa que se celebrará unha sesión de pleno ordinario o xoves 3 de xullo de 2025 ás 20:00 horas na Casa do Concello.

A orde do día incluirá os seguintes puntos:

  1. Lectura e aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión do 15 de maio de 2025.

  2. Solicitude de aclaración de sentenza ao Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2.

  3. Ratificación da urxencia e inclusión na orde do día dos asuntos relativos á delegación na Deputación Provincial de Ourense das facultades de recadación das multas e gastos derivados das execucións forzosas.

  4. Dar conta dos Decretos número 141 a 204.

  5. Rogos e preguntas.