O Concello de Allariz presenta a nova campaña de limpeza, baseada na ordenanza de limpeza viaria, e como continuación da anterior que tiña por lema” Un Allariz máis limpo é cousa de todas”. Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño, Bernardo Varela e María López presentaban na mañá de hoxe a nova campaña municipal.

Esta nova campaña pretende potenciar que manter limpo Allariz non é tan complicado se todas colaboramos, de aí o lema “Dalle un gústame a un Allariz limpo”.

Esta campaña quere incidir en 4 actitudes que se repiten nos últimos tempos e que preocupan aos responsables municipais coma son, os excrementos de mascotas, as cabichas, recollida de máscaras e pintadas.

Unha campaña de concienciación para toda a cidadanía que se realizou nun espazo de Allariz para que a xente se conciencie de que a rúa e de todas as persoas que transitamos por elas.

“Debemos darnos conta da importancia na que cada un de nos podemos contribuír ao coidado e limpeza de Allariz con pequenos xestos que non custan, como recoller os excrementos das nosas mascotas ou tirar unha cabicha ao lixo. A todos e todas nos gusta saír a pasear e atopar un Allariz amable, limpo e coidado. Para logralo ,non é suficiente co esforzo dos equipos de limpeza municipais, temos que sentir Allariz coma noso e coidalo, cada cidadán/a na medida das nosas posibilidades“.

A campaña comezará de xeito virtual tentando chegar a cidadanía través das redes sociais municipais e continuara nos centros de ensino ca colocación de varios carteis ca imaxe da campaña e co reparto de adhesivos a nenos/as e adolescentes incidindo na mensaxe , de darlle un gústame a un Allariz limpo.

Dentro desta campaña colocáronse 50 cinseiros para cabichas en distintos puntos de Allariz e nas últimas semanas estase procedendo a eliminación de pintadas, sobre todo en mobiliario urbano.

Ademais, a campaña estará presente nas instalación municipais e periodicamente realizarase un reforzo nas redes socias.