Os datos de 2022 sobre a recollida selectiva de lixo no Concello de Allariz superaron os números acadados na anualidade anterior. Un nova que reforza o traballo acometido tanto por veciños e veciñas así coma do Concello.

Por unha banda o lixo aportado aos colectores de rechazo (verde) redúcese en 41436kg menos con respecto ao 2021, quedando en 1780374 kg recollidos.

En canto ao colector amarelo, os números achegados seguen a ser positivos, aumentando un 4,3% a recollida selectiva de envases. Polo tanto no 2022 os números da taxa de recollida queda nos 171300 kg.

No que ten que ver coa recollida de vidro, neste apartado incrementouse un 5,24 %, chegando no 2022 aos 214.700 kg.

O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, agradece a implicación da veciñanza e lembra que este proxecto é unha labor de todos e todas, e que debemos continuar para seguir mellorando, xa que aínda queda moito traballo por facer.

Por ter unha referencia, coa reciclaxe de seis latas ou briks de contrarréstase a emisión de dez minutos dun tubo de escape, ou con corenta botellas de plástico pódese elaborar un forro polar” nos explicaba Bernardo.

Con todo tamén debemos facer fincapé en que o mellor residuo é o que non se xera, e polo tanto na medida en que sexa posible como sociedade (empezando por nós mesm@s) debemos tentar reducir a cantidade de envases que utilizamos, accións como o emprego de envases recuperables e reutilizables reducen máis a nosa pegada climática que a propia reciclaxe.

A mensaxe é polo tanto de esperanza e de agradecemento para todos aqueles que están a colaborar, e dar unha chamada os que aínda non o están a facer, porque a responsabilidade sobre o que está a sufrir o noso planeta e de todos e todas.