Dende a area de Igual servizos sociais retómase o proxecto Mulleres Compartindo, coas mulleres das Asociacións Veciñais de Amiadoso e Torneiros. Este proxecto leva en funcionamento 15 anos e ten como finalidade achegar ás mulleres do rural unha programación que tendo en conta a mirada sexolóxica realice unha intervención para axudar a vivir e vivirse máis a gusto. É un proxecto de dinamización rural onde se levan realizado intervencións novedosas como AS BICICLETAS SON PARA AS MULLERES, a recuperación e usos de herbas medicinais, e de onde xurden os grupos de doulas sororas. As sesións son semanais durante dous meses e o traballo vai enfocado ao traballo de habilidades persoais para unha maior autonomía, un mellor coñecemeneto e unha mellor convivencia. A maiores todas aquelas actuacións que xurdan a demanda e por motivación das propias mulleres e que teñan como obxectivo mellorar a calidade de vida e a convivencia.

Retómase a maiores o programa de radio VIVIR NA ZIRALLA, que ten unha perioricidade quincenal e que conta coa colaboración dun grupo de 10 maiores que a través de diferentes temáticas debaten para todos aqueles e aquelas ouvintes de Radio Allariz, sobre temas que poidan ser de interese. O programa está repartido en varios temas: política e sociedade, mulleres, cociña, debates e reclamacións e suxerencias. A maiores da información que traen preparada, en cada un dos apartados se incita ao debate para intentar asúi escoitar unha maior diversidade de plantexamentos. Este martes 21 de xaneiro comeza a temporada de 2020 con moitas ganas e con moita motivavción.