As persoas que se acheguen a Allariz poderá gozar dos descontos nos comercios que durante a próxima fin de semana rematan os seus excedentes da tempada Outono-Inverno .
Unha ducia de establecementos participaran a fin de semana da ponte de San Xosé no “Allariz é oportunidade”, un evento no que os clientes poderán atopar estupendas ofertas e descontos dunha gran variedade de produtos que inclúen , moda,calzado, deportes, roupa infantil,complementos, fotografía… descontos que farán que mereza a pena visitar o comercio alaricano.
As ofertas poderán atoparse visitando os comercios participantes. As medidas de seguridade serán prioritarias ,respectando por suposto as restricións actuais, limite aforo 50%, emprego da máscara e uso do xel desinfectante.
Todos os clientes que merquen durante estes tres días, terán a opción de gañar 3 lotes de Produtos de Allariz.
María López, Concelleira de Promoción Económica Comercio e Turismo quixo agradecer ao sector o seu esforzo nestas circunstancias tan complicadas, xa que a súa labor é vital para que Allariz siga sendo un lugar atractivo para vivir e para visitar.Ao mesmo tempo quixo facer fincapé na importancia de valorar o noso comercio sempre coma a primeira opción de compra.