O Concello de Allariz xunto coa hostalería local, organizan dúas fins de semana,  7, 8 , 14 e 15 de novembro  as Xornadas Gastronómicas “Allariz sabe a Outono”.

Esta fin de semana celebraríase en Allariz a 25 edición da súa ” Feira de Outono”, que tivo que cancelarse por mor da situación sanitaria. Permanecen nembargante  as  Xornadas gastronómicas que son una magnifica oportunidade para gozar da calidade dos nosos produtos de outono e da excelencia das nosas cociñeiras e cociñeiros.

Un compromiso coa nosa riqueza agroalimentaria e culinaria, máis sostible e saudable que  nunca e que pon en valor as empresas e profesionais . Pequenos produtores que día a día contribúen a identidade da gastronomía da zona.

Ao redor de 16 establecementos ofertarán  menús e tapas de temática de outono. Poderemos atopar nestas xornadas gastronómicas  dende cogomelos e castañas a tortas de cabaza ou xabarín estufado, ata cocido e sobremesas de tempada. Unha gran  variedade de produtos que a hostalería alaricana prepara con mimo todos os anos ao chegar estas datas.

A novidade deste ano é a posibilidade de levar o teu menú para a casa, hai que adaptarse as circunstancias e a  hostalería local o fixo dende o primeiro momento.

Dende o Concello animan a cidadanía  a que participen nestas xornadas, ben nos establecementos seguindo todas as medidas hixiénico sanitarias recomendadas ou encargando os seus menús  e degustándoos tranquilamente na súa casa , mentres colaboramos  co sector nun momento no que máis que nunca precisa do noso respaldo.

Bótalle un ollo aos menús ou descargaos pinchando no enlace:

 Allariz Sabe a Outono Díptico.