Ecopilas inaugura en Allariz a campaña Ourense Recopila dirixida aos concellos de Ourense

Allariz, pioneira na reciclaxe de todas as fraccións,  foi o lugar escollido para  dar comezo oficialmente á campaña Ourense Recopila ideada pola fundación Ecopilas, que se encarga en España da labor de concienciación e recollida de residuos de pilas, baterías e acumuladores.

Esta campaña é unha continuación dun proxecto piloto iniciado na provincia de Lugo o pasado ano e percorrerá diversos municipios da provincia de Ourense co obxectivo de que o cidadán deposite estes residuos nos contedores habilitados para este fin.

Unha carpa itinerante personalizada e un equipo de monitores medio ambientais será instalada en cada concello e informará, asesorará e concienciará á poboación sobre os obxectivos que se marca Ecopilas. Durante un ano a campaña busca aumentar os índices de recollida na provincia de Ourense.

Ourense Recopila contará cun servicio de recollida a través do teléfono 982 254 878, no que poderán contactar cos responsables dos puntos de recollida de pilas de cada concello (casas consistoriais, centros educativos, farmacias, estancos, ferreterías, supermercados…)

 

2019-01-08T13:32:45+00:00lunes, 17/12/2018|ACTUAIS, MEDIO AMBIENTE, NOVAS ALLARIZ|
X