Baixo o lema “Educación Sexual sen medo” a área de Igualdade do Concello de Allariz organiza, en colaboración co Instituto de Sexoloxía Incisex, a I Escola Sexolóxica de Verán en Allariz.
Entre os días 17 e 19 de xullo terá lugar, en Allariz, esta iniciativa co obxectivo de reflexionar sobre a educación sexual na adolescencia. Conferencias e mesas redondas a cargo de profesionais como Efigenio Amezúa, Samuel Díez e Almudena Herranz, docentes en INCISEX, o psicólogo Jaume Funes, as sexólogas Ismene Camarero, Raquel García, Sara Teja e Miren Izko; ademais dun espectáculo de danza con Nuria Sotelo e obradoiros así como actividades na Casa da Mocidade e no programa Concilia Verán, son as actividades que compoñen a programación do curso.
O prazo de inscrición do curso, cun custe de 75€, permanecerá aberto ata encher o aforo. Información e matrícula: fogardosmaiores@allariz.com. Teléfono: 988554059
Folleto Escola de Verán Sexolóxica 2019