A Asociación Andrea, coa colaboración co Concello de Allariz presenta o primeiro Xabón Hicroalcohólico con leite de burra feito en San Salvador dos Penedos en Allariz.

Xabón D´Allariz crea o primeiro Xabón Hidroalcohólico, que xunta a acción desinfectante do alcohol coa eficacia do xabón para desactivar o virus, ao mesmo tempo que, grazas ao leite de burra,  hidrata e nutre a pel.  Este xabón  hidroalcohólico está ademais enriquecido con manteiga de  karité, gran  rexenerador e  reparador da pel.

O xabón  hidroalcohólico  Xabón D’Allariz ten unha dobre acción:

  • Por unha banda o XABÓN, ten a capacidade de disolver a membrana graxa do virus, polo que perde a capacidade de adherirse ás células e infectalas. Desta forma o virus vólvese inactivo e é arrastrado pola auga de lavado.
  • Doutra banda, o ALCOL é capaz de inutilizar as proteínas da envoltura  vírica, de maneira que o virus queda  inactivo porque é incapaz de penetrar nas células. É efectivo fronte aos fungos e calquera virus con envoltura, como os da gripe ou o actual coronavirus.

Despois de máis de 15 anos desempregando a súa actividade en San Salvador dos Penedos, a Asociación Andrea presenta o seu 10 xabón. Como explicaba Elsa Pérez “a hixiene de mans é a principal vía para evitar o contaxio de COVID-19. Con todo o lavado constante das mans pode facer que as mans estean máis secas do normal, ásperas e mesmo pode aparecer irritación cutánea, é dicir,  prurito ou sensación de ardor na pel. Por todo isto o novo Xabón D´Allariz Hidroalcohólico é perfecto para que as mans se manteñan en boas condicións”.

O Xabón D´Allariz Hidroalcohólico  comezará a comercializarse este sábado no Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz e a partir da semana que vén nos punto de venda habituais.