Este mes de febreiro comezará o ciclo de educación sexual que realizaran a educadora familiar e técnica de igualdade da Area de Benestar Social do Concello de Allariz. Este curso levarase acabo con 6º de primaria e 2º e 4º da ESO, en colaboración co servizo de orientación do Colexio Padre Feijóo e do IES de Allariz.
O Ciclo de Educación Sexual foi acuñado por Efigenio Amezúa como unha serie de intervencións curtas, con contidos sexolóxicos, e coa finalidade de aportar coñecementos que axuden ao entendemento e á convivencia.
A finalidade do curso é achegar ideas que sexan de interese para as persoas coas que se traballará de forma que se entendan mellor e entendan mellor aos demais
A duración do curso será de tres sesións repartidas ao longo do mes de febreiro, no que os contidos a tratar serán dende a puberdade, os cambios que ocorren nesta etapa, etc entre outros moitos temas.
Dende a Area de Benestar Social do Concello de Allariz se pretende realizar estes cursos cada dous anos para fomentar a motivación nos mozos e nas mozas.