O Concello de Allariz a través da concellería de Promoción Económica, Comercio e Turismo pon en marcha este venres a campaña “Os Rascas de Allariz” co obxectivo de fomentar o comercio local no período das compras de Nadal.

Con este fin poranse en circulación 6000 rascas con 1500€ en premios. Por cada compra maior de 30€, a persoa que merque no comercio adherido a campaña poderá gañar premios directos de 25€,para gastar no comercio no que lle tocou.

Para participar tan só hai que mercar nos 36 establecementos que participan nesta campaña que durará ata que se esgoten os rascas. As persoas agraciadas con un dos 60 rascas con premio terán para facer uso del ata o 31 de xaneiro de 2022.

Esta iniciativa complementa a campaña do Peto dos Desexos que xa leva en marcha dende o pasado 3 de decembro e manterase ata o 6 de Xaneiro ,recordamos que xuntando os comprobantes das compras por valor de 30 € pódese participar no sorteo de 4 vales de 250 € para gastar no comercio local.

Estas iniciativas pretenden incentivar o consumo no noso comercio e que se xuntan a campaña de nadal do mercado da reserva de Biosfera e a decoración de Nadal de Allariz co obxectivo de dinamizar o noso comercio e hostalería nestas datas.

Mais info en allariz.gal/nadal