O pleno da corporación municipal celebra sesión o venres 22 de febreiro ás 20:00h.

A sesión ordinaria contempla a aprobación, se procede, de dúas operacións de tesourería por importe de 270.000€e de 290.000€ respectivamente. Ademais o BNG e PP presentan sendas mocións con motivo do día internacional da muller, o vindeiro 8 de marzo. Pola súa banda, o PsdeG-PSOE presentará unha moción sobre a renovación e actualización dos folletos informativos do concello de Allariz.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.