O Concello de Allariz participa hoxe, como poñente, na xornada “Forsu: Retos e oportunidades” e que reunirá a xestores públicos, técnicos municipais, autonómicos e empresas do sector da xestión de residuos co obxectivo de intercambiar experiencias sobre o tratamento da fracción orgánica en Galicia.

O concelleiro de medio ambiente, Bernardo Varela, será o encargado de explicar o reto da implantación do programa RRE en Allariz, unha iniciativa que aposta pola reciclaxe da materia orgánica en illas de compostaxe comunitaria, distribuídas pola vila.