EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO DOCUMENTO:
PLAN ESPECIAL CASCO HISTÓRICO CONCELLO DE ALLARIZ.
O Concello de Allariz informa que o Plan Especial de Protección do Casco Histórico (PECHA) está en fase de exposición pública, unha vez aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, o 26 de decembro de 2024.
A documentación completa pode consultarse na páxina web oficial: https://pecha.allariz.gal.
Este plan recolle as medidas de protección e ordenación aplicables ao conxunto histórico de Allariz, polo que é especialmente relevante para as persoas propietarias de inmobles na zona histórica.
As consultas e alegacións poderán realizarse no período de exposición pública, que é un prazo de DOUS MESES, dende o día seguinte de publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia (2 de xuño de 2025).
Os teléfonos para solicitar cita presencial co equipo redactor son 988 55 40 06.
Días de visitas presenciais co equipo redactor:
– Os XOVES, en horario de mañá de 10,00 a 14,00 horas e de tarde de 16,00 a 18,00 horas.
-Excepción, a semana do 9 de xuño, que a visita presencial terá lugar: MARTES, 10 DE XUÑO.
Nestes días de visitas presenciais, terán preferencia as citas concertadas previamente.
Lugar: Oficina de Urbanismo, situada na Rúa Suárez número 21, xunto á estatua do boi.
Para presentar alegacións é preciso achegar a seguinte documentación:
-
Documento de identificación persoal (DNI, NIE ou pasaporte)
-
Documentación da propiedade (referencia catastral, escritura ou nota simple)
-
Escrito de alegación, coas razóns detalladas e, se é posible, propostas alternativas
-
Calquera documentación complementaria que axude a xustificar a alegación (planos, informes, fotografías, etc.)
Para máis información entra en https://pecha.allariz.gal
Podes consultar a publicación DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 – ANUNCIO de aprobación inicial Plan especial de protección do centro histórico de Allariz (PECHA).