A Área de Cultura do Concello de Allariz organiza un ano máis a tradicional Festa dos Maios.

O venres 29 de abril, na Alameda de Allariz, terá lugar a celebración da Festa dos Maios 2022. Dende as 11:30h da mañá o espezo acollerá a chegada dos maios e o concurso de coplas, que este ano volve a ser presencial. Para celebrar este día o Grupo de Gaitas De Pé Feito. 

A participación está aberta ao público en xeral e para facela efectiva deberás inscribirte na Casa da Cultura de Allariz. O prazo está aberto ata o 26 de abril e poderás participar tanto na modalidade de coplas como na de maios.

Todos os maios que participen estarán expostos durante a fin de semana. A Alameda acollerá durante tres días os traballos presentados nesta edición 2022 para que todas as persoas que queiran se acheguen a velos.

Para máis información ou para inscribirte podes achegarte a Casa da Cultura de Allariz, chamar ao 988 440 859 ou enviar un correo a cultura@allariz.gal.

Consulta aquí toda a información sobre as bases tanto do Concurso de Maios como para o Concurso de Coplas 👉 BASES CONCURSO MAIOS 2022 👈