Por quinto ano consecutivo en Allariz o humor ocupa un lugar moi importante ca celebración do Festival RiR (Festival Internacional de Curtas de comedia). Dende o 5 e ata o 10 de setembro, Allariz acollerá unha das citas máis importantes que temos co humor no territorio galego.
Zinemusik e Escena Sonora coa colaboración do Concello de Allariz e a Deputación de Ourense, son os organizadores deste Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia. Curtas de humor de diferentes países e actividades paralelas tales como espectáculos teatrais e musicais, farán que o espectador poida gozar ao máximo deste evento tan especial. Este ano recibiron en total a suma de 236 curtametraxes de comedia das cales 37 están finalmente na Selección Oficial.
A presentación do evento tivo lugar na mañá de hoxe no Campo dos Brancos situado detrás da Casa da Cultura de Allariz. Acudiron a esta cita Cristina Cid, alcaldesa de Allariz acompañada de Alberto Conde, o concelleiro de cultura de Allariz. Xunto a eles estaban Óscar Doviso e José Freiría, director e subdirector do Festival ademais de Mariana Romero como responsable de sustentabilidade do evento. Por parte da Deputación de Ourense asistiu César Fernández, Vicepresidente segundo da institución.
Como nos explicou Oscar Doviso, organizador do RiR, a programación xa está dispoñible na páxina web do Festival, https://www.festivalrir.com/programacion/. Un ano máis a música, os espectáculos humorísticos, a homenaxe a Pedro Bandariz e por suposto as curtas englobarán os días de comedia asegurada en Allariz. Outra das novidades desta edición é que o Festival alonga a súa duración para que todo o mundo que se achegue poda gozar de todas as actividades, cunha duración de 6 días.
O xurado como nos desvelou a organización na mañá de hoxe, componse por a alaricana Alba Gallego, script e montadora, Marta Doviro, actriz e presentadora, Fernando González, actor e cantante do grupo Priscila.
Outra das partes do festival é a entregada do premio RIR Contigo, o cal se outorga para premiar traxectorias dedicadas á comedia. Este ano é outorgado a Isabel Risco, actriz que leva dende fai moitos anos demostrando a súa habilidade cómica e facéndonos rir con Nabiza Girl, entre outros moitos papeis. Nas edicións pasadas foron premiados Carlos Blanco, Luis Davila e Xosé A. Touriñán.
Mariana Romero, ecomanager do Festival RiR, explicounos que o Festival este ano entrou a formar parte do Pacto de Cultura Sustentable, polo que irase implantando obxectivos para facer do evento un acto máis consciente, máis respectuoso co medio e coas persoas con dificultades motoras.
As curtas estarán subtituladas, haberá asentos reservados para persoas con mobilidade reducida e grazas a un convenio firmado ca Asociación Down Ourense, dúas persoas deste colectivo participarán na organización do Festival axudando nas labores de coordinación do evento. Tamén se habilitará un Punto Violeta para todas aquelas persoas que estean a sufrir violencia de xénero poidan acudir a este punto.
Por outra banda dentro do Festival este ano realizaranse unha serie de iniciativas para intentar reducir o consumo de plásticos. Así grazas a colaboración con Candelas e con Orballo, o café e infusións que se consuma durante o evento serán libres de plásticos. Tamén se utilizará envases retornables, como explicaba Mariana, o mellor residuo é o que non se xera. Colaborarán con varios establecementos locais fomentando o comercio de proximidade.
Ademais de todas as iniciativas que van a levar a cabo durante o Festival, outra a maiores será a plantación de varias árbores autóctonas en distintos espazos naturais de Allariz.
Outra das colaboracións que terán este ano será un desconto para as persoas que asistan ao Festival con Renfe, fomentando así a mobilidade nun transporte máis sustentables.
Cesar Fernández, resaltaba a importancia deste Festival polo compromiso social, ecolóxico e de reivindicación da cultura. Resaltou o compromiso que o Concello de Allariz ten ca cultura cunha oferta cultural permanente.
Cristina Cid agradecía un ano máis aos responsables do Festival que sigan apostando por Allariz, xa que un evento coma este fomenta a economía local ademais da cultura. O Festival xa forma parte do calendario de eventos alongando a tempada ata setembro.
Cristina resaltaba o crecemento tan axeitado que tivo o Festival RiR, medrando dun xeito máis consciente, con responsabilidade social corporativa e máis sostible.
Por outra banda resaltaba, que para Allariz esta edición e máis especial se cabe por dúas cuestións. Por un lado que a alaricana Alba Gallego forme parte do xurado, é un orgullo para Allariz. Alba Gallego, aínda que é moi nova, ten unha ampla carreira profesional ligada ao sector audiovisual. Por outro lado, Cristina felicitaba aos organizadores do Festival por escoller a Isabel Risco como gañadora do premio RiR Contigo, por unha carreira profesional tan importante que tantas veces nos fixo rir en Allariz cos seus espectáculos e obras. Así mesmo resaltaba a importancia de visualizar e reivindicar o papel da muller no sector.
A Alcaldesa de Allariz pechaba a presentación animando a que toda aquela persoa que queira se achegue e sexa parte desta nova edición do Festival RiR en Allariz, gozando dunha programación que nos vai a sorprender.