A mellor fotografía en Allariz mostrando algunha das decoracións de Nadal premiarase cun vale de 100€ para investir no comercio local, a través do concurso de fotografías #NadalAllariz2018.

O concurso, organizado polo Concello de Allariz, está destinado a todas as persoas de todas as idades que visitara Allariz durante este Nadal. A través da páxina web www.allariz.gal/nadal  o/a participante poderá subir ata un máximo de tres fotografías que serán votadas polos/as usuarios/as.

 A organización premiará ao autor/a da fotografía gañadora cun  vale de 100€ para gastar no comercio local de Allariz.

WEB E BASES #NadalAllariz2018: www.allariz.gal/nadal