O pleno da corporación municipal reunirase de xeito extraordinario mañá, venres  ás 20:30h, cun único punto na orde do día: a renuncia ao cargo de alcalde.

Francisco García confirmaba a pasada semana, ante os medios de comunicación,  a súa renuncia á alcaldía do Concello de Allariz.  Os motivos desta decisión pasan pola necesidade de lograr un relevo xeracional despois de 18 anos no cargo.  O relevo vén da man de Cristina Cid que será a primeira muller en liderar a alcaldía local.