A Fundación Ramón González Ferreiro, en Allariz, pon en marcha, un ano máis, o “Rural Camp”, os campamentos de verán que se desenvolven nas instalacións de Paciños.

Esta actividade está dirixida a menores de idades comprendidas entre os 9 e 16 anos co obxectivo de que os mozos e mozas entren en contacto coa natureza e o mundo rural a través de xogos, obradoiros e actividades de lecer.

Os campamentos divididos en diferentes quendas segundo a idade dos participantes abren o prazo para participar durante unha semana en actividades de tiro con arco, obradoiros de cociña, sesións de zumba e capoeira ou ioga, entre outras.

Para inscribirse é preciso contactar coa Fundación Ramón González Ferreiro no teléfono 988 436 182 ou do correo electrónico info@fundacionrgf.org