O verán xa está aquí! Temos novo horario de verán para a Piscina Municipal- Complexo de Vilanova e a apertura das piscinas exteriores, que estarán vixentes para a tempada a partir deste luns 24 de xuño.

Os horarios dividiranse en dúas categorías: días laborables ( luns a venres) e fins de semana e festivos.

Horarios de Luns a Venres:

  • Piscina Climatizada: 09:00h a 21:00h.
  • Piscinas Exteriores: 12:00h a 21:00h.

Horarios de Sábados, Domingos e Festivos:

  • Piscina Climatizada: Aberta de 12:00h a 20:00h.
  • Piscinas Exteriores: Disponibles de 12:00h a 20:00h.

Prezos:

  • Infantil (ata 16 anos): 2€ / Bonos (10 baños) 16€
  • Adulto (a partir de 17 anos): 3€ / Bonos (10 baños) 25€

Para facerte soci@, podes pedir información na Piscina Municipal, no correo piscina@allariz.gal ou no teléfono 988 442 083.